Entradas

DESCUBRINDO A JULES VERNE

 Neste curso dende a biblioteca do noso colexio estamos a traballar o libro: "Á volta ao Mundo en 80 días". O alumnado de 1º de Primaria estivo investigando ao seu autor,  Jules Verne,  e como remate do seu traballo realizou un podcast sobre este famosísimo escritor. Desexamos que vos guste!

OS MONUMENTOS DE LONDRES EN STOP MOTION

Imagen
 O alumnado de segundo estivo traballando Inglaterra, o país do protagonista da Volta ao Mundo en 80 días, Phileas Fogg e descubriu algúns dos seus monumentos máis importantes. Aquí vos deixamos o seu traballo. Clicade na imaxe para gozar deste traballo.

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Imagen
Este curso celebramos o Día de Rosalía no centro realizando diferentes podcast nas que afondamos na súa biografía, investigando sobre a época en que viviu, e recitando algúns dos seus poemas. Premede na imaxe e poderedes escoitar os diferentes traballos realizados polo noso alumnado.

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 O alumnado de primeiro de Primaria quixo celebrar o Día Mundial da Radio, adicándolle un podcast a este medio de comunicación que nos leva acompañando moitos anos.  Aquí tendes o seu Podcast titulado:  A radio. Un aparello que nos une.